imaxes

puntos de venda




A nosa historia

As noces

En outubro ,cestos en man e a agacharse na súa busca

As mans dos avós, manchadas pola súa casca

No xardín, caixas secando ao sol

De fondo, o son das súas cascas rompendo

Na cociña, un prato cheo
De postre, mesturadas con iogur

A media tarde, entre o pan e o queixo

A súa casca, convértese nun barquiño, nun sombreiro dun boneco ou… quen sabe que máis

No Nadal, asomando nas bandexas entre turróns e polvoróns.

As galletas

Despois de que a antiga receita destas galletas chegara ás nosas mans fai uns anos, era común na casa o olor a galletas recen feitas. Como resistirse a un doce que ten como ingrediente principal as noces, tan habituais e apreciadas na nosa casa dende sempre?

Se esperabamos visita preparar unha bandexiña delas, era case obrigatorio. Se en cambio eramos nós os invitados, que mellor que levar un postre orixinal nunca visto. Todo o mundo que as probaba, dicía que estaban moi boas. "Podedes dedicarvos a vendelas!" dicían…

Artesás de noces

Por "cousas da vida", como diría Castelao, decidimos que era o momento de poñernos mans á obra. De traballar pola nosa conta. E que mellor maneira que compartindo estes deliciosos bocados de pracer artesán!

Feitas a man unha a unha no noso obrador, as galletas soamente teñen tres ingredientes: ovos, azucre e por suposto, noces. Completamente artesanais. Sen ningún tipo de colorantes, aditivos ou conservantes.

Sen glute, e sen posibilidade de contaminación cruzada pois no obradoiro é o único produto que elaboramos.

O obrador encóntrase na cidade de Lugo dende onde as distribuímos a tendas por toda Galicia.

Bo proveito!

tenda


ENVIO GALICIA ENVIO ESPAÑA
1 Bolsa
2 Bolsa
3 Bolsa
4 Bolsa
5 Bolsa

Para pedidos superiores a 5 paquetes, contactade con nos.

Bolsas Artesas de Noces 120gr Peso Neto.

Adjuntenos su telefono con su pedido.

contacto

CONTACTA CON NÓS




INFORMACIÓN DE CONTACTO

+34 603 752 072

youremail@yoursite.com

/artesasdenoces

Rua Noriega varela
nº 29 baixo
27004 Lugo